Un home de 49 anos, FJMF, faleceu na mañá deste venres ao chocar o seu coche contra un camión na estrada N-642, quilómetro 52, ao seu paso polo municipio de Cervo.
Segundo informa o 061 a Europa Press, ata o lugar enviáronse dúas ambulancias de soporte vital básico e outra de soporte vital avanzado, así como persoal sanitario.
O 112 Galicia explica que o sinistro se produciu ás 8,00 horas. Varios particulares que avisaron do accidente indicaban que o condutor do camión puidera saír do vehículo polos seus propios medios. Con todo, a persoa que circulaba no turismo estaba atrapada.
Entre outros, foron avisados GES de Cervo, Bombeiros de Viveiro, Garda Civil de Tráfico e o servizo de mantemento da vía de circulación.